Uso da páxina web
O usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que infoLanzada ofrece a través da súa páxina web www.infolanzada.com
Así mesmo o Usuario comprométese a non empregalos para:
1. Incurrir en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias a boa fe e orde público.
2. Difundir contidos ilegais ou propaganda de carácter racista, xenófobo, ou atentatorio contra os dereitos humáns.
3. Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de infoLanzada, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquer outro sistema físico ou lóxico que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados.
4. Intentar acceder e, no seu caso, empregar as contas de outros usuarios e modificalas ou manipulalas.
5. Atacar, insultar, ameazar, ou revelar información privada de persoas, empresas ou colectivos, incluídas calesquera das personas, marcas ou empresas pertencentes a infoLanzada.
6. Realizar publicidade comercial ou autopromoción ou capturar datos de outros usuarios con finalidade publicitaria.
Modificacións da páxina web
infoLanzada resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na súa páxina web www.infolanzada.com, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estos aparezan presentados ou localizados na mesma.
Contidos e información personal
infoLanzada mediante a súa páxina web www.infolanzada.com pon a disposición dos usuarios e potenciais clientes contidos en formato texto, fotografías e outros medios para a publicación e promoción das súas actividades. Todos os contidos aloxados en dito servidor son propiedade de infoLanzada e o seu uso está restrinxido exclusivamente ao anteriormente citado.
Cancelación do acceso ao portal
infoLanzada poderá denegar ou bloquear en calquer momento e sen necesidade de previo aviso o acceso aos contidos de www.infolanzada.com a aqueles usuarios que incumplan estas Condiciós de Uso, podendo eliminar contas de acceso a usuarios e todos os contidos introducidos no portal por eses usuarios.